Isto é o que denuncia, tamén, o documental Febrero, el miedo de los galgos, estreado recentemente. O filme percorre todo o proceso, dende a cría sistematizada e forzada destes animais, ano tras ano, para producir a cantidade que cada tempada reclama o colectivo de cazadores, os duros adestramentos aos que se ven sometidos (marchas de vinte quilómetros diarios atados á parte traseira dun coche), os castigos e malos tratos de moitos, até o abandono final daqueles que por idade ou outros motivos xa non serven para a caza. No mellor dos casos son abandonados no monte ou entregados nalgún refuxio ou protectora (ás veces, simplemente, guindándoos por riba dos seus muros), no peor, os seus donos déixanos morrer de fame, envelénanos ou afórcanos nunha árbore.
Os refuxios e protectoras non son capaces de acoller ou buscar un novo fogar para todos os cans de caza que chegan ás súas instalacións, moitas veces en moi malas condicións. Na protectora Arco da Vella, de Ferrol, destacan que a situación dos galgos é "un mundo aparte": "atopámolos famélicos, con tiros de perdigóns, acoitelados, co chip arrancado con coitelo, quemados con acido, as patas rotas ou medio amputadas. Din os cazadores que os galgos que non cazan non valen nin o perdigón de matalos". Engaden que "cando os deixan polo monte fanllle unhas señas para que outros cazadores vexan que non valen para cazar, como cortarlles unha orella ou facerlles un corte na pata traseira".
"Din os cazadores que os galgos que non cazan non valen nin o perdigón de matalos"Afortunadamente, algunha destas historias teñen finais felices, e algúns animais (unha proporción moi pequena, iso si) son adoptados por algunha persoa. Dende Arco da Vella destacan que "afortunadamente en Galicia os galgos cada vez son mais apreciados e queridos como animal de compañía, pois son animais moi nobres e tranquilos que poden vivir perfectamente nun piso, por iso esta protectora dende o ano 2009 dedícase a rescatar galgos, polo mal que o están pasando e porque a xente axuda e adopta".
"Afortunadamente en Galicia os galgos cada vez son mais apreciados e queridos como animal de compañía, pois son animais moi nobres e tranquilos que poden vivir perfectamente nun piso"Na actualidade a protectora acolle varios destes animais, como Sam, que foi atopado hai meses "abandonado polos campos de Badaxoz nun estado lamentable, desnutrido e deshidratado. Traía unha infección no oído dereito e mexaba sangue. Morría de medo ante a xente, non quería saber nada de correas nin colares e cada vez que podía intentaba escapar ao monte". Ou Kike, de 8 anos, "que levaba máis dun ano abandonado polas rúas de Badaxoz, déronlle una malleira e perdeu a visión dun ollo e case a do outro; foi o mellor can de caza da zona, pero no momento que deixou de cazar por idade, o seu dono simplemente botouno fóra da finca e pechoulle a porta, e se se achegaba asustábao con tiros ou a patadas. Tardamos un ano en que confiara en nós".
Outros colectivos, como Galgos sin Fronteras, SOS Galgos ou Galgo Leku, traballan na mesma direccións, demandando que o Goberno actúe con maiores controis na actividade dos cazadores, limitando o número de cans que poden empregar, prohibindo a cría e venda de animais e promovendo as adopcións, botando abaixo imaxes preconcibidas sobre os galgos, coma a de que son animais que necesitan estar nun predio ou xardín, e destacando que son cans moi axeitados para pisos ou casas pequenas.
http://praza.com/movementos-sociais/6059/achegase-o-peor-mes-para-os-cans-de-caza/
No hay comentarios:
Publicar un comentario