A memoria do centro explica que “o motivo das eutanasias é por falta de espazo, non por cartos"As entidades denuncian, por unha banda, que a eutanasia de animais sans se converteu "nunha práctica habitual nas instalacións de Bando a pesar de ser o centro de recollida de animais domésticos con maior dotación orzamentaria da comunidade". A memoria do centro explica que “o motivo das eutanasias é por falta de espazo, non por cartos”. Para Libera e Abeiro, "resulta paradoxal que un centro que chega a gastar máis de 300.000 euros ao ano poida recurrir a matar animais por falta de espazo, cando en Galicia existen refuxios xestionados por sociedades sen ánimo de lucro que contan con menos do 5% do orzamento anual das instalacións santiaguesas".
Critican, así mesmo, gastos que consideran excesivos "en supostas campañas de adopción que superan os 10.000€, sen que estas accións tiveran un mínimo impacto na cidadanía".
Finalmente, as dúas entidades denuncian que este luns dúas voluntarias que viñan colaborando nos últimos meses foron informadas pola dirección do centro de que deixaban de ser aceptadas como voluntaria da Fundación Refuxio de Animais "por motivo de publicar en facebook información". Estes grupos críticos e algúns voluntarios levan semanas criticando nas redes sociais e nalgún blog a xestión realizada no refuxio.
http://praza.com/movementos-sociais/1139/esixen-unha-auditoria-externa-da-xestion-do-refuxio-de-animais-de-bando/
No hay comentarios:
Publicar un comentario