viernes, 25 de mayo de 2012

Multas por coidar dos animais

O Concello de Santiago multou xa a dúas persoas por dar de comer a animais abandonados, unha delas, unha xubilada á que se lle impuxeron 735 euros de penalización, máis do que cobra mensualmente. A asociación Abeiro pide axuda para esta muller.

 Foi o bipartito PSdeG-BNG quen aprobou unha normativa que permite sancionar económicamente a aquelas persoas que dean de comer a animais que se atopan na rúa. E, en base a esta normativa, xa hai dúas persoas multadas.

Se no ano 2010 foi unha veciña de Santiago a que tivo que facer fronte a unha multa de 750  euros por este motivo, agora, outra veciña da cidade, unha muller maior de 80 anos, é a que ten que pagar 735 pola comisión do mesmo "delito".

Axuda

Por iso, a asociación pola protección animal ABEIRO pide, novamente, a retirada desta lei, e que se penalice ás persoas que maltraten os animais e non ás que os axudan. "A primeira consecuencia desta medida é que esta persoa xa non se atreve a alimentar a eses gatos e gatas que dependían dela, polo que xa podemos imaxinar o destino que poden sufrir estes animais".

Por outra banda, a multa que se lle aplica 735 euros, é moi superior á pensión que percibe mensualmente. Por iso, piden aos veciños de Santiago a mostrar a súa solidariedade con  Carmen Mallo , rexeitando este tipo de medidas "represivas", e solicitando ao concello que leve a cabo outras prácticas de benestar animal "máis acordes co tempo no que vivimos". A"gardamos que o concello retire a multa, de non ser  así, solicitamos a colaboración cidadá para axudar a esta muller", suliñan. A xente que o desexe pode realizar a súa aportación na conta da asociación Abeiro, indicando "axuda a Carmen Mallo" , no número  0128 0110 21 0100041331, ou ben persoalmente na Tenda Vegana Herbas, na rúa Pitelos 26, baixo, de Santiago.

A lei

Esta asociación sinala que a lei de protección animal no artigo 20,  apartado f) considera  unha infracción leve  non facilitarlle a alimentación adecuada as súas necesidades(falando dos animais). "Pois ben, dacordo coa lexislación, o sr. Currás debería poñerlle unha multa ao concelleiro responsábel desta situación  por non facilitar a alimentación axeitada aos gatos e gatas que viven nas nosas rúas,  e mesmo impedir que veciños e veciñas da cidade cumpran con este punto da lei".

 

 

 http://galiciaconfidencial.com/nova/10577.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario