sábado, 12 de noviembre de 2011

Equianimal: voluntarios para actiidades en defensa de los animales

DIFUNDO:

Nos últimos meses estivemos levando a cabo en Galicia distintas actividades en defensa dos animais en Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra,actividades de difusión do veganismo, actos contra circos con animais, participando en manifestación antitaurinas na Coruña e Pontevedra, instalando mesas informativas, impartindo obradoiros para activistas, proxectando documentais e incluso picnics colectivos para pasar un bo rato con persoas afíns. Todo isto gracias a persoas que colaboran constantemente en diversas e sinxelas tarefas.

Temos a intención de continuar facendo actividades semanais en Vigo e Santiago, distintos obradoiros e de poñer en marcha a creación de novos grupos de activismo noutras zonas de Galicia como Pontevedra e A Coruña. Para isto precisamos persoas dispostas a colaborar de distintos xeitos ;

- Participando nas actividades de rúa e en traballos de investigación.
- Axudando a organizar festas, ceas, concertos e outras actividades para recaudar fondos para @s activistas con multas por defenderen aos animais.
- Organizando reunións para activistas.
- Axudando a organizar ou participar en obradoiros de cociña e degustacións a pé de rúa.
- Proxeccións de documentais.
- Organizando actividades para apoiar a campaña contra a represión ao movemento de Dereitos Animais
- Outras.

Varios/as activistas estámonos reunindo con persoas interesadas en colaborar dalgún xeito para explicarvos como formar parte dos grupo de activismo de Galicia.

Queremos coñercerte en persoa, para que nos contes de que xeitos che gustaría colaborar.

Contacta connosco e quedaremos contigo. ¡Coa túa axuda poderemos facer máis cousas en defensa dos animais!
Escribe ou chama a:

Galicia@equanimal.org
Tels: 697 194 844 / 676 659 458

SÍGUENOS EN:

www.facebook.com/Equanimal.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario