Lugar Protectora de Animais do Morrazo
Góstache a fotografía? Gustaríache colaborar nun almanaque solidario?
A Protectora de Animais do Morrazo precisa de axuda, e ti por medio da Asociación Cultural Ei Carballeira! podes colaborar con ela.
A nosa idea consiste na creación dun almanaque co obxectivo de recaudar fondos para a protectora. Este almanaque farase a partir de fotos tomadas no recinto.
...
Os interesados teredes que acudir á protectora coa vosa cámara entre o 19 e o 30 de setembro. O horario no que a protectora está aberta é das 09:30 ás 13:30 horas de luns a sábado. Das fotos que saquedes enviade dúas ó noso correo electrónico:
eicarballeira2011@gmail.co
Primeiro teredes que enviarnos un correo electrónico incluíndo os vosos datos (nome e apelidos, correo electrónico e teléfono de contacto) para poder levar conta da xente que colaborará e pasará pola protectora.
- Prazo de inscripción e envio de datos: Do 1 ó 18 de setembro.
- Prazo para tomar as fotografías: Do 19 ó 30 de setembro.
- Prazo de entrega: Do 1 ó 15 de outubro.
Se queredes máis información non dubidedes en contactar connosco.
Animádevos a colaborar!
Ei Carballeira!
Evento en facebook: https://www.facebook.com/event.php?eid=268456196507107
No hay comentarios:
Publicar un comentario