A Asociación Animalista Libera e a agrupación de
voluntarios Abeiro non comparten nin os métodos nin a organización do
refuxio de animais de Bando. Por eso, acaban de denunciar a falta de
democracia interna deste organismo e amosaron a súa solidariedade cos
voluntarios e voluntarias expulsados nos últimos tempos por "simplemente
discordar coa política que segue a dirección do centro".
Os animalistas lembran que a idea inicial do refuxio de animais
compostelán, xestionado por unha fundación da que forman parte
diferentes concellos da comarca, era seguir unha política de sacrificio
cero, é dicir, só se sacrificarían aos animais abandonados que tiveran
patoloxías de imposible curación ou por motivos humanitarios. "Sen
embargo, dende os últimos anos, o número de mortes provocadas nas
instalacións aumentou sustancialmente e xa non se pode falar de tales
intencións", denuncian.
Control da dirección
As organizacións defensoras dos animais tamén critican a imposición
dunha normativa para o persoal voluntario, que adica o seu tempo de
maneira desinteresada no coidado dos cans e gatos aloxados no refuxio,
que permite entre outras cousas que a propia directora do refuxio
escolla aos candidatos a representante dos voluntarios antes das
supostas votacións. "Sen dúbida unha forma de manter controladas ás
persoas que disinten coa deriva exterminadora e a xestión que están
asumindo as instalacións de Bando", critican.
As entidades rexeitan o comportamento sectario da directora do
centro, así como o carácter de “explotación” ao que somete ao
voluntariado, que considera os seus propios traballadores.
Sacrificios
Así, suliñan que as normas, redactadas en 2011 e ás que tiveron
acceso estas organizacións, contemplan únicamente os deberes e
responsabilidades do persoal voluntario, pero en ningún momento os
dereitos dos propios voluntarios.
"Resulta paradoxo que un refuxio de animais con máis de 300.000€
anuais de dotación orzamentaria teña que sacrificar aos propios
residentes, abandonados polos seus antigos responsables, no canto de
promover campañas efectivas de adopción", apuntan. Neste sentido,
afirman que na comunidade galega existen refuxios que teñen un orzamento
que non chega ao 5% do adicado a Bando e siguen unha política de
sacrificio cero.
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/10606.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario